Día Internacional dos Bombeiros dedicado ao Servizo Municipal de Emerxencias de Mos

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Desde o Concello de Mos queremos dedicarlle hoxe o Día Internacional dos Bombeiros ao noso Servizo Municipal de Emerxencias de Mos, exemplo de vocación, traballo e sacrificio pola defensa do medio ambiente e o coidado e protección das persoas.
Desde 1999 o 4 de maio celébrase o Día Internacional do Bombeiro, polo seu loable labor en apoio á comunidade, na extinción de incendios, rescate de persoas e protección de espazos ambientais.
É por iso que este día rende homenaxe aos homes e mulleres que garanten a protección e seguridade das súas comunidades e o medio ambiente.