Día Mundial d@ Adestrador de Fútbol

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Día Mundial d@ Adestrador de Fútbol:
Hoxe 13 de maio celébrase o Día Mundial d@ Adestrador de Fútbol que desde o Concello de Mos queremos dedicarlle aos adestrador@s dos 3 clubes de fútbol mosenses: Club Deportivo Alerta, Louro Tameiga e Union Deportiva Mos, polo gran labor que realizan con xogador@s de todas as categorías, pola súa responsabilidade técnica e táctica; e por ser os grandes sufridores desde o banquiño.
A est@s enormes profesionais do deporte, e do fútbol en concreto, moitas felicidades no voso día e desde aquí un GRAZAS con maiúscula!
Máis datos dobre este día:
O 13 de maio celébrase o Día Mundial do Adestrador de Fútbol, para homenaxear a un membro crave dentro dun equipo de fútbol: o adestrador.
Un adestrador de fútbol ou director técnico é a persoa encargada da dirección, instrución e adestramento de xogadores de fútbol. Constitúen unha peza crave e fundamental nun equipo de fútbol, dirixindo, organizando e motivando aos xogadores para lograr os obxectivos propostos no campo de xogo.
A proclamación deste día fíxose en honra a Alexander Chapman Ferguson, considerado o adestrador de fútbol máis laureado do planeta. En tal sentido, tomouse como referencia o seu último partido como adestrador o día 13 de maio de 2013.