DÍA MUNDIAL DA CREATIVIDADE e MARTES DE DEPORTE

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

DÍA MUNDIAL DA CREATIVIDADE.

Hoxe, martes 21 de abril, ademais de ser MARTES DE DEPORTE no Concello de Mos, celébrase tamén o Día Mundial da Creatividade e a Innovación, que desde o Concello queremos conmemorar con este vídeo da bailarina mosense Patricia Martínez, para o programa ‘O Deporte Non Para En Mos’.

Deste xeito queremos poñer de manifesto o GRAN POTENCIAL CREATIVO QUE EXISTE NO MUNICIPIO DE MOS, que se desenvolve a través das diferentes correntes culturais e disciplinas artísticas como pode ser, neste caso, a danza.

MOS É TERRA CREATIVA, TERRA DE CREATIV@S e por iso hoxe queremos conmemorar o Día da Creatividade.

Este Día Mundial celébrase o 21 de abril de cada ano e ten como principal obxectivo poñer de manifesto todo o potencial creativo das persoas a nivel mundial.

A data foi escollida por ser a data en que naceu un dos personaxes máis creativos e influentes da historia, como foi Leonardo Da Vinci. Isto foi grazas ao deseñador publicitario Marci Segal.

No Día Mundial da Creatividade… SOMOSMOS, SOMOS DEPORTE E XUNT@S SAIREMOS!!!