Día Mundial da Esclerose Múltiple 2020.

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Sábado, 30 de maio.
Día Mundial da Esclerose Múltiple 2020.

Cada Día Mundial da Esclerose Múltiple é unha ocasión máis para informar e realizar un labor de concienciación sobre esta enfermidade neurodexenerativa coa que conviven 55.000 persoas en España, un 75% delas mulleres.
Desde o Concello de Mos queremos aportar con esta publicación o noso graíño de area para derrubar as barreiras que crean soidade e illamento nas persoas con Esclerose Múltiple: incomprensión, descoñecemento, estigma, falla de flexibilidade laboral, acceso limitado a recursos para mellorar a súa calidade de vida…