Día Mundial da Hixiene de Mans

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

E tamén hoxe, xoves 15 de outubro, celebramos o Día Mundial da Hixiene de Mans que establece a Organización Mundial da Saúde (OMS).
Este día faise especialmente importante neste ano 2020 dada a crise sanitaria na que nos atopamos. A pandemia da COVID-19 visibilizou a importancia da hixiene de mans como unha das medidas máis eficaces para previr a trasmisión de virus e infeccións. A correcta hixiene de mans de cidadáns, profesionais sanitarios e pacientes é, por tanto, unha estratexia chave para frear aos virus e tamén a diseminación de bacterias resistentes aos antibióticos.
Por iso desde o Concello de Mos hoxe conmemoramos este día mundial pedindo #sentidiño :
SOMOSMOS e XuntosSaireMOS!!!