Día Mundial da Loita contra a Depresión

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

DÍA MUNDIAL DA LOITA CONTRA A DEPRESIÓN:
O 13 de xaneiro celébrase o Día Mundial da Loita contra a Depresión, un trastorno emocional que afecta a máis de 300 millóns de persoas no mundo.
A depresión impacta a persoas de todas as idades e de maneira moi significativa a adolescentes e persoas da terceira idade.
Por que se celebra un día contra a depresión?
Coa proclamación deste día preténdese sensibilizar, orientar e previr á poboación a nivel mundial sobre esta enfermidade, cuxas cifras aumentan de maneira desproporcionada no mundo.