Día Mundial da Loita contra a Depresión

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

O 13 de xaneiro celébrase o Día Mundial da Loita contra a Depresión, un trastorno emocional que afecta a máis de trescentos millóns de persoas no mundo, sendo considerada como a primeira causa mundial de discapacidade, incidindo notablemente nas taxas de mortalidade e morbilidade. Impacta a persoas de todas as idades e de maneira moi significativa a adolescentes e persoas da terceira idade.
Coa proclamación deste día preténdese sensibilizar, orientar e previr á poboación a nivel mundial sobre esta enfermidade, cuxas cifras aumentan de maneira desproporcionada no mundo. Desde o Concello de Mos sumámonos á conmemoración desta data trasladando a nosa comprensión, empatía, ánimo e forza a todas as persoas que sufren desta enfermidade no noso municipio, así como ás súas familias.