DÍA MUNDIAL DA MULLER RURAL

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Hoxe celébrase o DÍA MUNDIAL DA MULLER RURAL que desde o Concello de Mos lle dedicamos a todas as nosas veciñas do municipio en xeral, e en particular, ás integrantes da Asociación de Mulleres Rurais Val da Louriña, e do resto do tecido asociativo local, en agradecemento polo seu histórico labor de posta en valor da relevancia, importancia e peso da figura feminina no rural; motor dos nosos fogares, motor das nosas familias, motor das nosas parroquias, motor do noso pobo… SOMOSMOS EN FEMININO, SOMOSMOS NO DÍA DA MULLER RURAL!
O 18 de decembro de 2007, a Asemblea Xeral da Organización de Nacións Unidas estableceu o día 15 de outubro como o Día Internacional das Mulleres Rurais co obxectivo de recoñecer á muller rural pola súa contribución no desenvolvemento rural e agrícola, a erradicación da pobreza e a mellora na seguridade alimentaria.
Na declaración inicial, a organización fai un chamamento aos estados membros para mellorar a condición das mulleres rurais, prestando atención ás súas necesidades, e tamén para empoderalas no ámbito social, económico e político.