Día Mundial da Radio

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Desde o Concello de Mos sumámonos á conmemoración do Día Mundial da Radio que se proclamou sobre a base dun estudo de viabilidade realizado no 2011 pola Unesco en resposta a unha proposta de España. Propúxose a data do 13 de febreiro porque foi o día no que se creou Radio Nacións Unidas en 1946. O 14 de xaneiro de 2013 a Asamblea Xeral da Unesco aprobouno formalmente. Queremos agradecerlles a todos/as os/as profesionais que traballan neste medio de comunicación o seu labor diario para darlle voz á radio. FELIZ DÍA DA RADIO!!!