Día Mundial da Saúde:

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

No ano 1948, a Asemblea Mundial da Saúde proclamou o 7 de abril como Día Mundial da Saúde. Esta data foi escollida en conmemoración á fundación da Organización Mundial da Saúde (OMS) e coa necesidade de crear conciencia sobre as enfermidades mortais mundiais e crear hábitos sans nas persoas.
A celebración deste día leva a cabo desde o 7 de abril de 1950 e anualmente escóllese un tema que estea baseado nas necesidades e suxerencias que realizan os Estados membros.
En 2020, o Día Mundial da Saúde sorprendeunos en pleno confinamento estrito decretado na maioría dos países do mundo, debido á grave pandemia da COVID-19.
Este 2021, e xa con tempo para reflexionar, a Organización Mundial da Saúde pon o acento nas desigualdades que existen e faino co seguinte lema para o Día Mundial da Saúde 2021: “Construír un mundo máis xusto e saudable”.
A pandemia do coronavirus afectou máis ás poboacións máis pobres cuns servizos sanitarios máis deficientes. Por iso é preciso traballar para rematar con estas desigualdades para que todos poidamos saír xuntos desta crise sanitaria, coas mesmas oportunidades. #PorUnMundoMasJusto #DiaMundialdelaSalud.