DÍA MUNDIAL DA SEGURIDADE E A SAÚDE NO TRABALLO.

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Rodrigo Iglesias: Día Saúde Traballo

DÍA MUNDIAL DA SEGURIDADE E A SAÚDE NO TRABALLO.O 28 de abril celébrase en todo o mundo o Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo. En 2020, a campaña céntrase en abordar o brote de Coronavirus ou COVID-19 no traballo, e ampliando ás enfermidades infecciosas en xeral. Por iso desde o Concello de Mos sumámonos hoxe a esta conmemoración coa publicación deste vídeo do coordinador do Servizo Municipal de Emerxencias de Mos, Rodrigo Iglesias, que forma ademais parte da Comisión Municipal de Seguemento da Evolución do COVID-19 en Mos e é un dos especialistas da administración local mosense en prevención de riscos laborais relativa á pandemia do Coronavirus.O Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo foi proclamado pola Organización Internacional do Traballo (OIT). A celebración consiste nunha campaña anual internacional para promover o traballo seguro, saudable e digno. Ademais réndese homenaxe ás vítimas dos accidentes de traballo e as enfermidades profesionais.

Publicada por Concello de Mos en Martes, 28 de abril de 2020

O 28 de abril celébrase en todo o mundo o Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo. En 2020, a campaña céntrase en abordar o brote de Coronavirus ou COVID-19 no traballo, e ampliando ás enfermidades infecciosas en xeral.

Por iso desde o Concello de Mos sumámonos hoxe a esta conmemoración coa publicación deste vídeo do coordinador do Servizo Municipal de Emerxencias de Mos, Rodrigo Iglesias, que forma ademais parte da Comisión Municipal de Seguemento da Evolución do COVID-19 en Mos e é un dos especialistas da administración local mosense en prevención de riscos laborais relativa á pandemia do Coronavirus.

O Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo foi proclamado pola Organización Internacional do Traballo (OIT). A celebración consiste nunha campaña anual internacional para promover o traballo seguro, saudable e digno. Ademais réndese homenaxe ás vítimas dos accidentes de traballo e as enfermidades profesionais.