Día Mundial da Trombose

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

O 13 de outubro conmemórase o Día Mundial da Trombose, unha data que busca concienciar sobre as causas, factores de risco, síntomas, prevención e tratamentos desta enfermidade a fin de reducir as mortes prematuras e a discapacidade que pode causar.
Cada 13 de outubro celébrase o Día Mundial da Trombose, unha das enfermidades máis comúns e mortais de occidente e tamén una das menos coñecidas.
Por que se celebra nesta data?
A razón de elixir o 13 de outubro para esta efeméride, débese ao nacemento de Rudolf Virchow, que foi o médico que descubriu e describiu a patoloxía da trombose, facéndoa coñecida e entendible para todos hoxe en día.
Principais obxectivos do Día Mundial da Trombose:
Destacar as graves consecuencias que carrexa a trombose, os seus altos niveis de morbilidade e mortalidade. Así como a necesidade de accións específicas para combater esta enfermidade ou axudar na detección temperá.
Aumentar o coñecemento da poboación mundial, para que poidan detectar os signos, síntomas e riscos da trombose, máis especificamente da trombose venosa que é a principal causante da embolia pulmonar.
Incentivar ás persoas para falar cos seus médicos tratantes sobre a enfermidade e pedir análise para garantir o non sufrir a enfermidade ou garantir a detención temperá.
Atención médica adecuada aos pacientes de tromboses e garantir unha detección temperá na poboación.
Educar e axudar á poboación mundial no tema da trombose.