Día Mundial da Xustiza Social

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Desde o Concello de Mos queremos hoxe sumarnos á conmemoración do Día Mundial da Xustiza Social. A xustiza social é un principio fundamental para a convivencia pacífica e próspera, dentro dos países e entre eles. No seu sesaxésimo segundo período de sesións, en novembro de 2007, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou o 20 de febreiro como o Día Mundial da Xustiza Social. O día foi conmemorado por primeira vez en 2009.