Día Mundial do Cancro de Páncreas

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

O Día Mundial do Cancro de Páncreas conmemórase o terceiro xoves de novembro, coincidindo este ano hoxe, 18 de novembro de 2021. Trátase dunha efeméride proclamada pola Coalición Mundial de Cancro de Páncreas (WPCC) e celébrase desde o ano 2014.
O terceiro xoves de novembro de cada ano celébrase o Día Mundial do Cancro de Páncreas, para concienciar á poboación sobor desta enfermidade.
É considerado o tipo de cancro máis agresivo do mundo, cunha baixa taxa de supervivencia. Diariamente detéctanse unha media de 1.250 casos diagnosticados con cancro de páncreas no mundo, cun elevado índice de mortalidade e unha taxa de supervivencia do 9%, aos cinco anos de detección da enfermidade.
Son pouco coñecidos os síntomas e factores de risco deste tipo de cancro, polo que o seu diagnóstico tardío xeralmente ocorre nunha etapa avanzada da enfermidade.
Determinouse que os pacientes que foron diagnosticados nunha etapa temperá teñen maiores probabilidades de vivir a longo prazo, recorrendo á intervención cirúrxica como principal opción.
En virtude diso, a Coalición Mundial contra o Cancro de Páncreas (WPCC) propuxo a celebración deste día, a fin de concienciar e sensibilizar á poboación, divulgando información para a detección temperá, síntomas e riscos desta enfermidade.
Esta Coalición agrupa a máis de cincuenta organizacións, que traballan para mellorar as perspectivas desta enfermidade en pacientes afectados, en máis de 20 países.