Día Mundial do Cancro de Próstata

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

O 11 de xuño conmemórase o día mundial dunha patoloxía que afecta a máis de 1,2 millóns de homes no mundo. Hoxe celébrase o Día Mundial do Cancro de Próstata.
Esta efeméride creouse coa finalidade de sensibilizar e concienciar á poboación masculina, sobre a importancia da diagnose precoz do cancro de próstata e a aplicación do tratamento respectivo.