Día Mundial do Parkinson

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

O Concello de Mos súmase hoxe á conmemoración do Día Mundial do Parkinson que se celebra cada 11 de abril, proclamado pola Organización Mundial da Saúde en 1997.
O motivo polo cal o 11 de abril se celebra o Día Mundial do Parkinson é porque é a data do aniversario de James Parkinson, neurólogo británico que en 1817 descubriu o que naquel tempo chamou parálise axitante e que hoxe coñecemos como enfermidade de Parkinson.