DÍA UNIVERSAL DO NENO

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Desde o Concello de Mos sumámonos hoxe á conmemoración do Día Universal do Nen@ lembrando os dereitos da infancia. O Día do Neno é unha celebración anual dedicada á fraternidade e á comprensión da infancia no mundo, en que se efectúan actividades para a promoción do benestar e dos dereitos dos nenos. O Día Universal do Neno, que se celebra todos os anos o 20 de novembro, é un día dedicado a todos os nenos e nenas do mundo. Sen embargo desde o Concello de Mos quereMOS adicarllo moi especialmente aos nosos nenos e nenas mosenses.

A efeméride de hoxe é un día de celebración polos avances conseguidos, pero sobre todo é un día para chamar a atención sobre a situación dos nenos máis desfavorecidos, dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciar ás persoas da importancia de traballar día a día polo seu benestar e desenvolvemento.

Nacións Unidas celebra o Día Universal do Neno o 20 de novembro, data na que a Asemblea Xeral da ONU aprobou a Declaración dos Dereitos do Neno en 1959. Esta declaración, que non tiña legalmente carácter vinculante, non era suficiente para protexer os dereitos da infancia. Tras dez anos de negociacións con gobernos de todo o mundo, líderes relixiosos, ONGs, e outras institucións, logrouse acordar o texto final da Convención sobre os Dereitos do Neno, o 20 de novembro de 1989, cuxo cumprimento é obrigatorio para todos os países que a asinaron.

O obxectivo do Día Universal do Neno é lembrar á cidadanía que os nenos son o colectivo máis vulnerable e, por tanto, o que máis sofre as crises e os problemas do mundo.

A Asemblea Xeral da ONU recomendou en 1954 destinar un día para fomentar a fraternidade entre os nenos e as nenas do mundo, e promover o seu benestar con actividades sociais e culturais.

Nacións Unidas celebra este Día Internacional do Neno en honra á aprobación da Declaración dos Dereitos do Neno en 1959 e á Convención sobre os Dereitos do Neno en 1989, o tratado internacional máis ratificado da historia.

A Convención dos Dereitos do Neno establece unha serie de dereitos, incluídos os relativos á vida, a saúde, a educación, e o dereito para xogar, á vida familiar, a estar protexidos da violencia, a non ser discriminados e a que se escoiten as súas opinións.

O Día Universal do Neno ou Día Mundial do Neno serve para concienciar á poboación de todo o mundo de que os nenos son o colectivo máis vulnerable, sobre todo, ante situacións de crises e problemas. Este día mundial lembra que os nenos teñen dereito a estar seguros, protexidos, teñen dereito á saúde e á educación, independentemente do lugar no que nacesen.

Dedicar un día internacional á infancia tamén serve para facer un chamamento mundial ás necesidades dos máis pequenos, e para recoñecer o labor das persoas e profesionais que traballan a favor dos nenos e nenas.