Educación e Participación Cidadá


Educación

Esta concellería quere impulsar as actividades de interese educativo en horario lectivo que complementen o espacio académico dos nosos alumnos. Dotar ós nenos e nenas doutras experiencias fóra ou dentro das aulas constitúe unha importante aprendizaxe que lles enriquece persoalmente. Estas activiades son unha oportunidade para aprender e interiorizar coñecementos nun ámbito lúdico e aproveitar a ocasión de satisfacer outros saberes da vida, ademáis de proporcionarlles un espacio de convicencia diferente ó habitual.


Participación Cidadá

Esta concellería oferta actividades de distinta índole para todos os grupos de idade do noso Concello. Esta Concelleria esta ubicada no Auditorio do Multiusos das Pozas. Dende esta concellería se organizan cursos dirixidos ás asociacións veciñais, culturais, xuvenís, de mulleres, etc incluídos dentro do programa “Tempo de Lecer”. O programa “Ocio en Familia” que inclúe actividades de ocio dirixido ás familias. “Tempo de excursións” é outro dos programas desta concellería dirixido ós noso maiores e que ten como finalidade que os participantes se poidan enriquecer do turismo histórico, natural-paisaxístico e cultural da nosa autonomía.