Educación vial para os nenos e mozos dos centros educativos mosenses

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Estes días estanse a impartir os programas ‘Conducir non é un xogo’ e ‘Formación para preconductores’ en colexios e Instituto

As concellerías de Educación e Participación Cidadá mosenses que dirixe a edil Kely Monzón están a desenvolver unha campaña educativa en materia de seguridade vial nos centros de Mos de Educación Primaria e Educación Secundaria e Bacharelato.

Entre os alumnos de Primaria e ESO estase a impartir o proxecto didáctico ‘Conducir non é un xogo’ dende o pasado luns 12 de novembro e ata o vindeiro venres, día 23. Este proxecto consiste nunha sesión teórica de prevención de riscos e unha sesión práctica en circuito vial para sensibilizar ó alumnado e que adquiran unha conducta responsable ante a circulación viaria.

Segundo explicou Kely Monzón os obxectivos desta actividade son “favorecer unha conducta responsable ante a circulación, dotar os centros educativos dun recurso específico en seguridade viaria, promover no alumnado a importancia da responsabilidade en materia de circulación, identificar aspectos e conductas que favorecen os accidentes, visionar as consecuencias de una mala praxis, concienciar nas responsabilidades persoais e adquirir o compromiso de desenvolver as boas prácticas”.

En canto á iniciativa de educación vial para os alumnos de primeiro e segundo cursos de Bacharelato, dicir que se denomina ‘Programa de formación para preconductores’ e que con el quérese concienciar da responsabilidade persoal que entraña o acto da conducción mediante unha sesión didáctica da Dirección Xeral de Tráfico.

As sesións, impartidas no Colexio Lar e no IES de Mos, comenzaron o pasado 13 de novembro e rematan hoxe, e nelas tratouse de aportar ó alumnado participante das competencias necesarias para o desprazamento seguro polas vías, a través do respecto ás sinais e normas e ó resto de usuarios das mismas.

Os contidos que se abordaron durante as sesións cos alumnos de Bacharelato foron as cifras e principais causas de accidentalidade en xeral, e dos xoves en particular, custes económicos e sociais, o alcohol e as drogas e a súa influencia na conducción, a relación entre alcohol inxerido e o grao de alcoholemia, a velocidade e outras conductas de risco, o tratamento administrativo penal, a importancia do uso do casco e do cinturón de seguridade, a actuación a realizar en caso dun accidente de tráfico, e a documentación que se debe levar cando se conduce un ciclomotor.