Entrega solidaria de agasallos de Reis

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

A concelleira de Política Social e Igualdade, Sara Cebreiro, e a edil mosense de Deportes e Participación Cidadá, Begoña Toucedo, xunto con voluntari@s de Mos Axuda, estiveron presentes esta mañá no acto de entrega por parte dos Reis Magos, Melchor, Gaspar e Baltasar, dos agasallos que fixeron realidade os soños dos 56 nenos/as de familias usuarias dos Servizos Sociais mosenenses.

Ademais da colaboración de AEMOS, Mos Axuda contou nesta ocasión para esta iniciativa solidaria navideña coa recadación obtida na Quedada Solidaria organizada polo “Club Mos Racing Sport” consistente nun acto de automovilismo celebrado en Louredo o pasado 7 de decembro.

Os agasallos que os 56 cativos beneficiarios recibiron esta mañá fóronlles entregados durante un acto organizado para as 12.00 horas na Axencia de Colocación de Mos.

Os regalos entregados hoxe aos seus ilusionad@s receptor@s, son xoguetes, obxectos, materiais ou prendas que previamente os/as nenos/as beneficiarios/as pediron nas súas respectivas cartas aos Reis Magos.