Especial agradecemento

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Nestes días complicados para tod@s, desde o Concello de Mos queremos dedicarlle un especial agradecemento:

– aos nos@s 8 axentes da Policía Local,

– así como á Garda Civil do Posto de Mos,

– aos membros do Servizo Municipal de Emerxencias,

– aos voluntari@s da Agrupación de Protección Civil de Mos

– e a tod@s @s voluntari@s que están a colaborar con Mos Axuda.

A tod@s el@s grazas:

  • por estar nas rúas,
  • por acompañar e orientar á veciñanza e estar ao carón das persoas,
  • por antepoñer o ben común ao propio.

No Día do Pai que hoxe se celebra dun xeito un tanto extraño, agradecerlles que estean a desempeñar esa figura paternal e protectora de tod@s nós, que nestes intres tanto precisamos.

  • Grazas tamén aos traballador@s do Concello de Mos pola entrega máxima
  • e grazas aos equipos humanos das empresas que están a traballar para o Concello.

Con el@s, coa súa axuda, e co esforzo de tod@s, XUNTOS e cumprindo as normas, venceremos a este virus! GRAZAS!!!!