Esta mañá celebrouse o Pleno Extraordinario sobre a falsificación de recibos da auga en Mos

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Hoxe celebrouse un Pleno Extraordinario no Pazo de Mos sobre a falsificación de documentos públicos e usurpación da empresa ficticia Aquamos. Na devandita sesión plenaria esixíronse responsabilidades respecto da trama dos recibos falsos da auga aos investigados e presuntos implicados na mesma. Sesión plenaria á que non acudiu ningún membro dos tres partidos da oposición, PSOE, BNG e GañaMos. De xeito que os catro puntos da proposta do goberno foron aprobados por maioría:
“1º A ratificación por parte deste Pleno da denuncia sobre os presuntos delitos de falsificación de documentos públicos e usurpación da empresa ficticia Aquamos.
2º A destitución de toda a actual Xunta Directiva da Comunidade de Montes de Tameiga.
3º A dimisión do voceiro de GañaMos.
4º Que PSOE e BNG condeen públicamente este presunto delito”.
Ademais a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, informou de que o pasado 6 de xuño recibiuse no Concello notificación do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Nº 1 de O Porriño na que se lle poñía en coñecemento á administración local que figura “como perxudicado por presuntos delitos de falsificación de documentos públicos e usurpación”.