Esteban Díez Fontaneda, de 89 anos de idade e veciño de San Rafael, Pereiras, regresou esta tarde a casa tras dúas semanas na UCI e case un mes ingresado a causa do COVID-19

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Esteban Díez Fontaneda, de 89 anos de idade e veciño de San Rafael, Pereiras, regresou esta tarde a casa tras dúas semanas na UCI e case un mes ingresado, tras terse contaxiado de COVID-19.

Esteban, que tiña problemáticas pulmonares previas, tras moitos días no Hospital Álvaro Cunqueiro, voltou hoxe a casa e foi recibido como un auténtico heroe, como o loitador que é, polos seus veciños/as, a Policía Local de Mos, Emerxencias e Protección Civil de Mos, a alcaldesa, Nidia Arévalo, e concelleiros/as mosenses.

O aplauso unánime de todo o pobo de Mos vai hoxe para ti Esteban. Bravo!!!