Acto informativo transporte

Escrito por Concello de Mos. Posteado en

Map Unavailable

Día

07/02/18

O Concello de Mos ofrecerá no Centro Dotacional de Torroso un acto informativo sobre transporte

Ademais de explicar as melloras do Bus Urbano, aclararanse por parte da administración local as verdadeiras condicións e funcionamento do Transporte Metropolitano e da Tarxeta Verde de Vigo

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, informou esta mañá da vindeira celebración dun acto informativo sobre transporte público que terá lugar no Centro Dotacional de Torroso o vindeiro mércores, día 7 de febreiro, ás 20.00 horas, promovida e organizada pola administración local mosense.

A devandita xuntanza ten por obxectivo abordar todas as medidas que dende o Concello de Mos se están a adoitar para que se lles preste o mellor servizo aos veciños e veciñas mosenses.

Os tres temas fundamentais que se tratarán o próximo 7 de febreiro en Torroso serán: as optimizacións do Plan de Transporte Urbano Municipal, que serán aprobadas o luns 29 de xaneiro en Pleno, a explicación á venciñanza do verdadeiro significado do Transporte Metropolitano, e aclarar as novas que están a saír publicadas nos medios de comunicación sobre a Tarxeta Verde de Vigo.

Os obxectivos desta iniciativa son disipar dúbidas entre a veciñanza respecto dos diferentes sistemas de transporte público existentes e informar das melloras do Bus Urbano de Mos para que a poboación mosense lle poida sacar o máximo partido a este servizo.