Antonio Barros no Luar

Escrito por Concello de Mos. Posteado en

Map Unavailable

Día

22/11/19

Antonio Barros Serodio, “A Voz”, do Recanto de Vigo e comarca no Luar da TVG

Clasificado na primeira rolda en Recantos de Luar

O mosense Antonio Barros Serodio defenderá, o vindeiro venres, 22 de novembro, na segunda rolda  da sección Recantos, do popular programa da TVG, Luar, o Recanto de Vigo e comarca, interpretando nesta ocasión dúas cancións: “Noelia” de Nino Bravo e “Algo de mi” de Camilo Sesto.

Barros tras acadar 34 puntos na primeira rolda, dos cales 26 foron do xurado, 1 dos recanteiros e 7 conseguidos mediante votación telefónica espera, poder seguir, contando co apoio dos televidentes, a través, das cinco chamadas telefónicas o número que aparecerá na pantalla do televisor.