Anxo Moure e Silvia Penide no Pazo de Mos

Escrito por Concello de Mos. Posteado en

Map Unavailable

Día

10/08/18

O Camiño de Santiago ao seu paso de Mos, esceario das actuacións de Anxo Moure e Silvia Penide

O venres o Pazo de Mos acollerá este espectáculo de entrada gratuíta que aúna a un gran contador de historias cunha destacada cantautora galega

O programa municipal do Concello de Mos ‘Vive o Camiño en Mos’, grazas ao seu homólogo autonómico promovido pola Xunta de Galicia, ‘Vive o Camiño 2018’, trae á localidade mosense o vindeiro venres a proposta artística conxunta do contacontos Anxo Moure e a cantautora Silvia Penide.

A actividade terá entrada de balde e celebrarase o venres 10 de agosto no Pazo de Mos. Ás 20.00 horas comezará a actuación do contacontos Anxo Moure coa súa particular proposta de contos e historias das árbores do Camiño Portugués, que concienciará da importancia de protexer o patrimonio forestal da ruta xacobea.

E ás 21.00 horas dará comezo o o concerto da cantautora galega Silvia Penide, co seu espectáculo “Feminino Plural”.

‘Vive o Camiño’ está a ofrecer durante este verán actividades gratuítas e dirixidas a todos os públicos, que se celebran nos concellos galegos do Camiño Portugués e do Camiño Portugués da Costa. Desde finais de xuño e ata o próximo mes de setembro, esta iniciativa de promoción e dinamización dos itinerarios xacobeos enche de música e teatro numerosas rúas e prazas das provincias de Pontevedra e A Coruña.