Asambleas ASOMAMOS

Escrito por Concello de Mos. Posteado en

Map Unavailable

Día

24/11/18

ASOMAMOS celebra o 24 de novembro as súas Asambleas Ordinaria e Extraordinaria para presentar o plan de actividades do ano que ven e elixir Xunta Directiva
Tamén se tratará a memoria do presente exercizo 2017-2018, lectura e aprobación do estado de contas do mesmo, ratificación dos acordos tomados pola Xunta Directiva neste exercizo, e presentación e aprobación dos orzamentos para o vindeiro, entre outras cuestións

A Asociación de Maiores, Pensionistas e Xubilados de Mos, ASOMAMOS, informa da convocatoria para a súa Asamblea Xeral Ordinaria. A Asociación convoca deste xeito aos socios e socias á devandita Asamblea que se celebrará o sábado 24 de novembro de 2018 ás 17.30 horas en primeira convocatoria e ás 18.00 horas en segunda convocatoria no auditorio do Pazo de Mos.
O orde do día incluirá a memoria do presente exercizo 2017-2018, lectura e aprobación do estado de contas do mesmo, ratificación dos acordos tomados pola Xunta Directiva neste exercizo, e presentación e aprobación dos orzamentos e plan de actividades para o vindeiro exercizo 2018-2019.
Tamén incluirán nesta sesión unha Asamblea Xeral Extraordinaria co punto único da presentación de candidaturas para optar á presidencia de ASOMAMOS, así como a votación e reconto das mesmas; da que se extraerá a Xunta Directiva para os vindeiros catro anos. As candidaturas deberán ser presentadas por escrito ata o día 15 de novembro.