ASEMBLEA Xeral de ASOMAMOS

Escrito por Concello de Mos. Posteado en

Map Unavailable

Día

25/11/17

A Asociación de Maiores, Pensionistas e Xubilados de Mos, ASOMAMOS, informa da celebración o sábado 25 de novembro da súa Asemblea Xeral Ordinaria.

A Asemblea Xeral terá lugar ás 17.30 horas en primeira convocatoria e ás 18.00 horas en segunda convocatoria no auditorio do Pazo de Mos. Dentro da orde do día tratarase a aprobación da Memoria e do estado de contas do presente exercizo, 2016-2017, así como a ratificación por parte da Asemblea da actual composición da Xunta Directiva e dos acordos tomados pola mesma durante o exercizo 2016-2017; e aprobaranse os orzamentos  e o plan de actividades para o exercizo 2017-2018.