BTT As Baloutas

Escrito por Concello de Mos. Posteado en

Map Unavailable

Día

29/09/19

A Unión Deportiva Mos organiza o seu I Desafío BTT As Baloutas

  • Faino en colaboración coa Peña BTT Cristo de Belén e Protección Civil de Mos co patrocinio da Xunta
  • A proba, de 40 quilómetros de lonxitude e dificultade media, celebrarase o domingo 29 de setembro

 O Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, o Xefe do Servizo Provincial de Deportes de Pontevedra, Daniel Benavides Alonso, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira mosense de Deportes e Participación Cidadá, Begoña Toucedo, o segundo tenente de alcalde, Alberto Méndez; e o presidente da Unión Deportiva Mos, Pablo Alonso Serodio, presentaron onte pola tarde no Campo de Fútbol das Baloutas o I Desafío BTT As Baloutas que organizan conxuntamente a UD Mos, a Peña BTT Cristo de Belén e Protección Civil de Mos, contando co patrocinio absoluto da Xunta de Galicia e Deporte Galego.

A primeira edición da BTT As Baloutas celebrarase o domingo 29 de setembro con saída e chegada da zona deportiva das Baloutas. A saída efectuarase ás 09.00 horas da mañá. O prezo de inscrición anticipada é de 8 euros por participante e de 10 euros o propio día da proba. A inscrición inclúe seguro de RC e de accidentes, ademais de avituallamento gratuíto, lavado de bicis; e pinchos e bebidas ao remate.

Os participantes menores de idade deberán facelo con autorización dos pais. O casco é obrigatorio para tódolos asistentes a esta proba de dificultade media, consistente nun percorrido de 40 quilómetros.

O evento deportivo contará tamén cun minicircuíto para nenos.

Os interesados en obter máis información sobre a mesma poden facelo chamando ao número de teléfono 662 66 77 77 ou escribindo ao enderezo de correo electrónico uniondeportivamos@gmail.com