Campaña Doazón Sangue

Escrito por Concello de Mos. Posteado en

Map Unavailable

Día

01/06/18

Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia asistirá aos doantes de sangue mosenses o venres 1 de xuño

Estará establecida en horario de tarde fronte á Capela de San Amaro e ao Centro Cultural de Guizán

O Concello de Mos informa de que o municipio acollerá a semana que ven unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia na que os e as mosenses interesados en doar sangue poderán facelo.

A unidade móbil atoparase o vindeiro venres, 1 de xuño, en horario de 15.30 a 18.30 horas da tarde ao carón da Capela de San Amaro, na parroquia de Petelos; e de 19.00 horas a 21.00 horas diante do Centro Cultural de Guizán.

A nova Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), que integra o traballo do Centro de Transfusión de Galicia, subministra compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia. Cada día, as doazóns de sangue recollidas nos locais de doazón e nas 10 unidades móbiles que percorren os concellos galegos envíanse ás dependencias de ADOS para o seu procesamento, análise e conservación. Establécese con cada hospital unhas reservas de seguridade de cada grupo sanguíneo e, diariamente, envíanse os compoñentes sanguíneos que precisan para a súa actividade asistencial programada e facer fronte ás urxencias.

Unha destas unidades móbiles desprazarase ata Mos o venres 1 de xuño e, dende a administración local mosense, agradécese de antemán a colaboración dos doantes, vital para tratar de acadar as 500 doazóns de sangue que se precisan cada día para axudar a centos de enfermos.