Campionato de Natación Escolar

Escrito por Concello de Mos. Posteado en

Map Unavailable

Día

24/04/18 - 28/04/18

Mos acolle a sétima edición do Campionato de Natación Escolar Val da Louriña

Celebrarase o 28 de abril na Piscina Municipal e os/as interesados/as teñen ata o día 24 do mes que ven para inscribirse

O Club Natación Mos organiza coa colaboración do Concello de Mos o VII Campionato de Natación Escolar Val da Louriña, no que poden participar nenos e nenas nados entre os anos 2005 e 2012.

O Campionato disputarase o vindeiro 28 de abril, sábado, a partir das 17.00 horas da tarde, na Piscina Municipal de Mos e, dende o Club Natación Mos, animan aos cativos interesados neste deporte a participar. Nadadores membros e directiva do Club programan esta actividade para dar a coñecer a disciplina deportiva da natación e para que os máis pequenos disfruten dunha tarde de deporte.

O prazo de inscrición no Campionato estará aberto, na Piscina Municipal de Mos, ata o día 24 de abril. O límite de inscritos/as será de 150 rapaces. A listaxe de nadadores/as admitidos/as confeccionarase por rigorosa orde de inscrición.