Campionato de Natación Escolar Val da Louriña

Escrito por Concello de Mos. Posteado en

Mapa no disponible

Día

29/04/17 - 06/05/17

A Piscina Municipal de Mos acolle a sexta edición do Campionato de Natación Escolar Val da Louriña

Celebrarase o 6 de maio e o prazo de inscrición remata o 29 de abril

O Club Natación Mos organiza, coa colaboración do Concello de Mos, o VI Campionato de Natación Escolar Val da Louriña que se celebrará o vindeiro 6 de maio na Piscina Municipal mosense sita no Pavillón Óscar Pereiro.

Dende o Club Natación Mos informan de que este campionato está programado para nadadores non federados e non inscritos en clubs de natación, que teñen de prazo de inscrición ata o día 29 de abril.

Todas as nenas e nenos que desexen participar deberán entregar a folla de inscrición na Piscina Municipal os luns, mércores e venres en horarios de 08.00 horas a 14.30 horas e de 16.00 horas a 22.00 horas; os martes e xoves ininterrumpidamente de 08.00 horas a 22.00 horas e o sábado de 10.00 horas a 12.45 horas e de 17.00 horas a 20.00 horas.

O límite de prazas de participación é de 140 e serán adxudicadas por orde de entrada da solicitude de inscrición.

Esta competición consta de catro categorías mixtas: na primeira competirán nenos e nenas de 6 e 7 anos de idade nados nos anos 2010 e 2011 realizando unha proba de 25 metros crol, na segunda categoría os/as nados/as en 2008 e 2009 con 8 e 9 anos de idade e realizando unha proba tamén de 25 metros crol; na terceira incluiranse os de 10 e 11 anos nados en 2006 e 2007 e que realizarán unha proba de 50 metros crol; e por último a cuarta categoría incluirá ós rapaces/as de 12 e 13 anos de idade nados en 2004 e 2005 e que farán tamén a proba de 50 metros crol.

O día da celebración do campionato abriranse as portas da piscina ás 16.15 horas da tarde, mentres que a competición dará comezo ás 17.00 horas. A exposición da lista de tempos dos nadadores/as participantes exporase no taboleiro da piscina.

Todos os participantes deberán acudir equipados con óculos de natación, gorro e calzado de piscina, e bañador.

Ó remate das probas realizarase a entrega de premios, consistente en diploma e agasallos para todos os participantes e medallas para os tres primeiros clasificados por categoría e xénero.