Chan do Bosque organiza unha viaxe a Lisboa

Escrito por Concello de Mos. Posteado en

Map Unavailable

Día

28/04/18 - 01/05/18

Chan do Bosque organiza unha viaxe a Lisboa e arredores

Será do 28 de abril ao 1 de maio e os interesados xa poden inscribirse

 

A Asociación de Veciños Chan do Bosque (Amierolongo-Sanguiñeda) organiza unha viaxe a Lisboa e arredores que se levará a cabo desde o 28 de abril ata o 1 de maio. Ademais da capital lusa os participantes poderán coñecer as localidades de Caldas da Rainha, Espinho, Peniche, Sintra, Cascais, Estoril e Fátima.

O prezo da excursión é de 279 euros por persoa e os interesados en participar deben chamar para inscribirse aos teléfonos 670 233 772 e/ou 679 210 380. O prezo da viaxe inclúe transporte, hotel en pensión completa, guía acompañante, entrada no Monasterio dos Xerónimos e seguro de viaxe.