Ciclo de Teatro Louredo

Escrito por Concello de Mos. Posteado en

Map Unavailable

Día

04/03/18 - 25/03/18

Louredo acolle un ciclo de teatro todos os domingos deste mes de marzo

As catro obras a representar comezarán ás 19.00 horas da tarde no Centro Social e teñen entrada de balde

A Agrupación Cultural A Cividade da parroquia mosense de Louredo organiza o seu I Ciclo de Teatro A Cividade, que se desenvolverá ao longo do presente mes de marzo.

O primeiro pase terá lugar o vindeiro domingo, día 4, ás 19.00 horas, no que o grupo Xesta Vermella de Gondomar interpretará a obra ‘Pola culpa do Gayoso’. A seguinte cita deste ciclo chegará o domingo 11 de marzo ás 19.00 horas coa obra ‘A fermosa Dorotea’ a cargo de Fonte da Tella de Soutomaior. O domingo 18 de marzo ás 19.00 horas o grupo Petanaporta de Marín interpretará ‘Ai Carmela’ e, por último, pechará o ciclo o Grupo Municipal de Teatro Mulleres en Igualdade de Mos coa obra ‘Como cambiou o conto’ o domingo 25 de marzo ás 19.00 horas.

Todas as sesións teñen entrada de balde e celebraranse no Centro Social de Louredo.