“COIDA.T 2019”

Escrito por Concello de Mos. Posteado en

Map Unavailable

Día

03/01/19

Presentación do programa municipal “COIDA.T 2019”
Baixo o lema “Un Coaching para ti!” ofertará a público adulto durante todo o ano actividades de preparación física, ximnasia e control de peso

Mañá ás 21.00 horas celebrarase a presentacioón do Programa “COIDA.T 2019” no Pazo de Mos. Trátase dun novo programa municipal que se enmarca baixo o lema “Un Coaching para ti!” e que inclúe actividades de preparación física, ximnasia, control de peso, mantemento, etc.

Dende o Concello de Mos considérase que despois das festas de Nadal e coa chegada dun novo ano, é un bo momento para proporse o fomento de unha vida sá e saudable. Por iso as concellerías mosenses de Política Social e de Deporte, que dirixen os edís Sara Cebreiro e Baldomero Lorenzo, respectivamente, propoñen esta iniciativa dirixida a homes e mulleres de 18 anos en diante, que comenzará a partir do luns 7 de xaneiro no Pavillón Patricia Martínez.

O programa desenvolverase durante o período de xanerio a decembro de 2019 e dividirase en dous grupos. Un os luns e mércores de 11:00 horas a 12:00 horas e outro tamén os luns le mércores, pero de 12:00 horas a 13:00 horas.

Os/as interesados/as en participar deben formalizar as súas inscricións no Rexistro do Concello de Mos. Para solicitar máis información sobre o programa pódese chamar ao teléfono 986 331 200.

Segundo os concelleiros Cebreiro e Lorenzo, “o obxectivo fundamental desta iniciativa é o de mellorar a condición física dos/as usuarios/as da mesma, xa que unha boa condición física reporta grandes beneficios como o aumento do nivel de enerxía, mellora do humor e actitude, axuda ao corpo a axustarse a actividades de rutina, evita complicacións nas articulacións e os músculos debilitados pola falta de movemento, aumenta a resistencia muscular e a forza muscular, mellora da flexibilidade corporal, evita que as articulacións perdan percorrido, fortalece o sistema musculoesquelético e reduce o sobrepeso; e aporta estabilidade ás articulacións”.