Concerto Coral Ventos do Val

Escrito por Concello de Mos. Posteado en

Map Unavailable

Día

05/10/19

A Coral Ventos do Val organiza a décimo novena edición do seu concerto de intercambio cultural

Celebrarase o sábado 5 de outubro ás 19.00 horas no Multiusos das Pozas

 

A mosense Coral Polifónica Ventos do Val de Petelos organiza a XIX edición do seu concerto de intercambio cultural. Celebrarase o sábado 5 de outubro ás 19.00 horas no Auditorio Municipal do Multiusos das Pozas. A entrada será libre e gratuíta para todo o público en xeral.

Este concerto é entendido pola coral organizadora como un intercambio cultural entre corais e un xeito de achegarlles a todos os amantes polifónicos a cultura musical doutras autonomías na vertente do canto coral.

Ademais da coral organizadora, participará tamén a Coral Municipal Virgen de la Caridad de La Garrovilla, Badajoz.

Dende a Coral Ventos do Val consideran que “será un concerto fermoso que de seguro arrincará emocionantes aplausos entre os amantes da música coral, xa que a Coral Municipal Virgen de la Caridad ofrecerá un interesante repertorio de cancións populares entre as que se atoparán xotas e zarzuelas da terra extremeña, dándonos a coñecer outra cultura musical; o que nos serve para enriquecer o canto coral polifónico”.

Pola súa banda a Coral Ventos do Val interpretará un repertorio variado de cancións populares, galegas, xotas, habaneiras e boleros de moi variados autores.