Conferencia na Axencia de Colocación

Escrito por Concello de Mos. Posteado en

Map Unavailable

Día

18/02/20

Conferencia sobre a rentabilidade empresarial a través do capital humano

Será impartida por Philippe Vieira o 18 de febreiro ás 19.30 horas na Axencia de Colocación de Mos

 

A Axencia de Colocación do Concello de Mos acolle e organiza, xunto con Progreso Humano Integral, a conferencia de Philippe Vieira titulada “Humanizar é progresar: o método dos 3 pasos”.

Trátase dunha charla sobre rentabilidade empresarial a través do capital humano e sobre as claves para favorecer o progreso económico de cada empresa potenciando dun xeito real o chamado ‘valor do humano’.

Este evento terá lugar o vindeiro 18 de febreiro ás 19.30 horas na sede da Axencia de Colocación de Mos, no salón de actos do edificio. A entrada ao mesmo será libre e de balde ata completar aforamento.

Para participar como público pódese confirmar asistencia no correo: info@axenciadecolocacionmos.es e no correo:  info@phiprogresohumano.com

 

Progreso Humano Integral, PHI

PHI é unha consultora de empresas e institucións especializada en Relacións Humanas, Recursos Humanos e asesoramento integral en organizacións. Actualmente, atópanse desenvolvendo unha campaña cos concellos de Galicia, dirixida aos empresarios de cada municipio para promover e desenvolver a economía local, construíndo unha ética e filosofía humanista empresarial como base dunha estratexia efectiva, clave imprescindible para o éxito de hoxe en día e conseguir achegar un factor diferencial aos mercados, xa sexa local, nacional ou internacionalmente.