Conferencia sobre cancro colon

Escrito por Concello de Mos. Posteado en

Map Unavailable

Día

25/05/18

AECC Mos informa sobre o cancro de colon
Ofrecerá unha conferencia a cargo do doutor especialista, Manuel Ferrández, o vindeiro venres no Multiusos das Pozas

A Xunta Local da Asociación Española contra o Cancro (AECC) de Mos organiza unha conferencia informativa sobre o cancro de colon que versará sobre a detección precoz e prevención do mesmo. Será impartida polo doutor Manuel Ferrández Rivera, especialista en colonoscopias e ciruxía endoscópica.
A devandita charla celebrarase o vindeiro venres, 25 de maio, ás 19.00 horas da tarde no auditorio do edificio Multiusos das Pozas.