Conferencia sobre o cancro de pel

Escrito por Concello de Mos. Posteado en

Mapa no disponible

Día

21/04/17

Conferencia sobre o cancro de pel no Pazo de Mos

Organizada pola Xunta Local de Mos da Asociación Española contra o Cancro

A Xunta Local de Mos da Asociación Española contra o Cancro organiza unha conferencia informativa sobre as distintas formas de cancro de pel, a súa detección precoz, prevención e tratamento.

A charla será impartida pola doutora Celia Posada, especialista en doenzas da pel no Hospital Meixoeiro.

Esta iniciativa terá lugar no auditorio do Pazo de Mos o vindeiro venres, día 21 de abril, ás 18.30 horas da tarde con entrada libre e de balde ata completar aforamento.