Consulta listas de electores

Escrito por Concello de Mos. Posteado en

Map Unavailable

Día

13/09/18 - 21/09/18

Mañá abre o prazo para consultar as listas de electores mosenses

Poderá facerse portando o DNI en horario de mañá no Rexistro do Concello

Dende o Rexistro Xeral do Concello de Mos infórmase de que segundo escrito remitido pola Oficina do Censo Electoral, e en cumprimento do establecido no artigo 13.2 da Lei Orgánica 5/1995, do Tribunal do Xurado (B.O.E. nº 122 do 23 de maio), ponse a disposición dos veciños do Concello de Mos, as listas de electores para que podan ser consultadas dende o 13 ata o 21 de setembro. O sorteo terá lugar o día 24 de setembro de 2018.

Para acceder aos seus datos, poderán facelo no Rexistro do Concello de Mos, previa acreditación do DNI correspondente, de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas.