CURSO DE ALFABETIZACIÓN DIXITAL

Escrito por Concello de Mos. Posteado en

Map Unavailable

Día

29/08/19 - 05/09/19

A AXENCIA DE COLOCACIÓN DO CONCELLO DE MOS IMPARTE UN CURSO DE ALFABETIZACIÓN DIXITAL

Impartirase do 29 de agosto ao 5 de setembro e os interesados en realizalo xa poden inscribirse

A concelleira de Promoción Económica, Desenvolvemento Empresarial, Emprego e Educación, Julia Loureiro, informou hoxe da vindeira realización dunha acción formativa en materia de alfabetización dixital que se desenvolverá nas instalacións da Axencia de Colocación de Mos.

O curso é gratuíto e facilita os coñecementos básicos e imprescindibles para o uso dun PC.

Trátase dun obradoiro titulado ‘Alfabetización dixital’ e facilitará ás persoas intereresadas os primeiros coñecementos básicos e imprescindibles para o uso diario dun PC, e unha serie de novas mecánicas e tarefas para sacar o máximo partido ao computador, así como as recomendacións para o uso diario.

Impartirase do 29 de agosto ao 5 de setembro, de 9:30 a 13:30 horas. A demanda da alfabetización dixital está a crecer, debido ao interese por entender o mundo actual, no que a tecnoloxía xa está presente no día a día e tamén debido á procura dunha boa integración no mercado laboral. Trátase dun curso totalmente gratuíto pensado para persoas que se inician no uso do computador e internet.

As persoas interesadas poden inscribirse de forma presencial nas instalacións da Axencia de Colocación ou telefonicamente chamando ao número da mesma: 986487786.