Curso de Auto Defensa para Mulleres

Escrito por Concello de Mos. Posteado en

Map Unavailable

Día

28/10/19 - 19/11/19

Curso de Auto Defensa para Mulleres en novembro no Pavillón Óscar Pereiro

Será Impartido por monitores especialistas da Federación Galega de Loita e pertencentes ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado

 

O Concello e o CIM (Centro de Información á Muller) de Mos organizan un Curso de Auto Defensa para Mulleres ante Situacións Violentas que será impartido por monitores especialistas da Federación Galega de Loita e pertencentes ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado durante os días 19 e 21 de novembro en horario de 16.00 horas a 20.00 horas.

O curso terá lugar no Pavillón Óscar Pereiro e a inscrición para participar nel deberá de formalizarse no Rexistro Xeral do Concello ou a través da sede electrónica municipal na web www.mos.es. O prazo para inscribirse comezará o 28 de outubro e finalizará o 11 de novembro.