Curso de baile

Escrito por Concello de Mos. Posteado en

Map Unavailable

Día

23/01/18 - 26/06/18

Mos non para de bailar

 

Tras o éxito da iniciativa BailaMos, o Concello dálle continuidade cun novo Curso de Bailes de Salón e Ritmos Caribeños para o que xa se atopa aberto o prazo de inscrición

 

 

Tras o éxito de afluencia obtido pola actividade BailaMos impartida no Multiusos das Pozas con motivo do Nadal durante os pasados meses de novembro e decembro, dende a concellería de Participación Cidadá mosense que dirixe a edil Julia Loureiro decidiuse darlle continuidade a esta iniciativa cun novo Curso de Bailes de Salón e Ritmos Caribeños, dirixido a todas as persoas maiores de 16 anos de idade interesadas en asisir.

 

As clases impartiranse tamén no auditorio do Multiusos e terán lugar dende o mes de febreiro a o mes de xuño tódolos martes en horario de 20.00 horas a 21.00 horas para o grupo de iniciación, dando comezo o día 6 de febreiro. A actividade correrá a cargo da campiona mosense de baile deportivo, Patricia Martínez (profesora e adestradora titulada pola Federación Española de Baile Deportivo), unha mestra de honra que xa impartiu tamén as clases do programa previo, BailaMos no Nadal.

 

Para os expertos bailaríns formarase un curso de perfeccionamento que recibirá clases os mesmos días que o de iniciación pero en horario de 21.00 horas a 22.30 horas. Os prezos por persoa serán de 10 euros en iniciación e 15 euros en perfeccionamento.

 

Para os interesados en participar xa se atopa aberto o prazo de inscrición, que poderá formalizarse nas oficinas do Multiusos. Quen desexe obter máis información sobre a actividade pode chamar ao teléfono 986339404.