Curso de deseño web

Escrito por Concello de Mos. Posteado en

Map Unavailable

Día

15/02/18 - 24/04/18

Participación Cidadá organiza un curso de deseño web para maiores de 16 anos

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 15 de febreiro

A concelleira de Participación Cidadá mosense, Julia Loureiro, informa de que comeza a oferta de cursos para maiores de 16 anos deste ano 2018. O primeiro que se realizará será o curso de creación e deseño web, cunha duración de 20 horas, na que profesionais cualificados impartirán coñecementos sobre todo o necesario para poder adicarse á creación web.

Tanto a nivel profesional como persoal, é un curso ideal para que os/as interesados/as se formen sobre comunicación dixital.

O prazo de inscrición atópase aberto e as persoas que queiran participar teñen para anotarse no Multiusos das Pozas ata o día 15 de febreiro.

 

O curso realizarase todos os martes do 20 de febreiro ao 24 de abril en horario de 19.00 horas a 21.00 horas na Axencia Colocación de Mos, situada na Avda. Peinador 39.

Para obter máis información sobre esta acción formativa a poboación pódese dirixir ao teléfono 986.339.404 ou ao enderezo de correo electrónico omix@concellomos.es.