Curso de Lingua de Signos

Escrito por Concello de Mos. Posteado en

Map Unavailable

Día

26/09/19 - 31/10/19

O Concello de Mos organiza un curso de Lingua de Signos

Impartirase en outubro e a data límite para inscibirse é o 26 de setembro

 

O Concello de Mos organiza, dentro do programa Fórmate con Mos, un curso de Lingua de Signos (A1 e A2) que se impartirá o vindeiro mes de outubro.

Os/as interesados/as en participar teñen ata o 26 de setembro para inscribirse e poden obter máis información sobre esta acción formativa nas oficinas da OMIX do Concello, sitas no Multiusos das Pozas, ou chamando ao seu teléfono: 986 33 94 04.

As clases de A1 impartiranse os luns e mércores en horario de 18.00 horas a 21.00 horas e as de A2 os sábados de 10.00 horas a 13.00 horas.