Curso maiores “BailaMos no Nadal”

Escrito por Concello de Mos. Posteado en

Map Unavailable

Día

17/11/17 - 27/12/17

Os maiores mosenses xa poden inscribirse nun curso de baile específico para eles

 

O prazo de inscrición en “BailaMos no Nadal” rematará o vindeiro 17 de novembro e a actividade comezará o día 22 do mes que ven

 

 

A concellería mosense de Participación Cidadá que dirixe a edil Julia Loureiro informa de que se atopa aberto o prazo de inscrición na actividade para maiores “BailaMos no Nadal” que se impartirá os días 22 e 29 novembro, e 6, 13, 20 e 27 de decembro en horario de 12:00 a 13:30 horas.

 

Esta iniciativa vai dirixida á cidadanía empadroada no Concello de Mos, maior de 65 anos ou en condición de pensionista maior de 55 anos.

 

No caso de existir  prazas vacantes poderán participar os maiores de 55 anos que non desenvolvan actividade laboral e residan en Mos e/ou  cidadanía  non empadroada en  Mos que cumpran os requisitos indicados.

 

O número total de prazas ofertadas para participar é un máximo de 30 persoas (15 parellas) .

 

Respecto da actividade a concelleira Loureiro explicou que “BailaMos no Nadal está dirixido á xente da terceira idade do Concello de Mos. Con elo téntase mellorar a calidade de vida das persoas maiores, e potenciar tanto a saúde física coma mental mediante actividades lúdico-deportivas. O baile non só axuda a nivel físico, senón que tamén estimula ó cerebro e a coordinación. Estes son algúns dos beneficios que presenta esta disciplina, na cal á vez que fan exercicio, estanse a divertir e socializar. Esta actividade tamén pretende facilitar a socialización e o encontro entre a cidadanía do Concello, estreitando a relación e xerando un sentimento de pertenza a un grupo, algo que lles esperta unha sensación de benestar e utilidade na sociedade. En resumo, o baile socializa, reduce o estrés, potencia a autoestima, fortalece a súa confianza, e todo elo de forma divertida”.

 

Os obxectivos desta iniciativa son mellorar a calidade de vida das persoas maiores do Concello de Mos, así como aumentar a súa independencia funcional e a autoestima, rehabilitar o esquema propioceptivo, espacial, corporal e temporal da persoa, favorecer as relacións sociais, conservar a mobilidade, adestrar a atención e a memoria para previr as doenzas derivadas do seu deterioro e mellorar os reflexos e a coordinación.

 

Durante as xornadas nas que se prolongará a actividade os participantes nela recibirán  clases de Bailes de Salón, empregando  unha metodoloxía activa e participativa. As sesións impartiranse nas dependencias da Piscina Municipal no Pavillón Óscar Pereiro.

 

Os interesados en participar teñen ata o 17 de novembro para inscribirse e a lista de participantes admitidos publicarase o día 20 de novembro.