Cursos Axencia Colocación marzo

Escrito por Concello de Mos. Posteado en

Map Unavailable

Día

27/03/18

Ampla oferta formativa na Axencia de Colocación de Mos durante este mes de marzo
Un total de seis cursos dirixidos ao público xeral impártense nas instalacións da Axencia

A concellería mosense de Promoción Económica, Emprego e Novas Tecnoloxías que dirixe o edil Óscar Soto está a organizar nas instalacións da Axencia de Colocación de Mos varios talleres durante o presente mes de marzo.
Algúns dos devandito talleres organizáronse en colaboración con dúas alumnas de Ondas & Perfil, dentro do seu módulo de prácticas en empresa (certificado de profesionalidade: docencia da formación profesional para o emprego).
Trátanse de obradoiros dirixidos a calquera persoa interesada e impartidos cunha metodoloxía moi dinámica.
As alumnas que están a impartir varias destas actividades son Sabela Landín Estevez (técnica informática) e Beatriz González (Grao en Traballo Social e monitora coordinadora de lecer e tempo libre). As dúas están a realizar na Axencia de Colocación o módulo de prácticas en empresa (40 horas) do certificado de profesionalidade “Docencia para a formación profesional para o emprego”, que realizaron na Academia Ondas & Perfil.
Dende o pasado día 12 e ata hoxe mesmo, 15 de marzo, realizouse un taller de alfabetización informática, no que 15 persoas recibiron información e formación en competencias básicas dixitais. Mañá, desenvolverase un taller de redes sociais, e a súa aplicación na procura de emprego.
Así mesmo, os días 19 e 20 de marzo desenvolverase un taller sobre contabilidade e facturación a través das novas tecnoloxías para o que xa están todas as prazas cubertas.
Ademais hoxe mesmo realizouse o primeiro Serious Play titulado “Teatro das oprimidas, traballo sobre igualdade de xénero” que forma parte dun proxecto lúdico-creativo no que se traballan conceptos de cidadanía en igualdade de xénero e habilidades sociais, empregando recursos e dinámicas de grupo a través das cales se busca crear un ambiente cómodo e de debate. Trabállanse habilidades sociais como son a escoita activa, a empatía e a asertividade, nun contexto lúdico de reflexión e cooperación.
O seguinte taller será un segundo Serious Play sobre habilidades sociais, que está programado para o día 27 de marzo, de 09:30 a 13:30 horas.
Por outra banda, para os interesados en saber que son os proxectos de voluntariado europeo ou como buscar traballo en Europa, realizarase unha xornada informativa sobre Servizo de Voluntariado Europeo, CV Europass e Rede EURES, programada para o día 26 de marzo, de 16:30 a 19:00 horas.
A persoa que impartirá esta última actividade é monitora e coordinadora de actividades de lecer e tempo libre, traballadora social e docente; con experiencias de voluntariado europeo dentro do programa Erasmus + e experiencia profesional no estranxeiro.