“Enquisa estrutural a fogares”

Escrito por Concello de Mos. Posteado en

Map Unavailable

Día

31/08/20 - 13/09/20

“Enquisa estrutural a fogares”, do Instituto Galego de Estatística, en Mos do 31 de agosto ao 13 de setembro:

Desde o Concello de Mos infórmase ás familias mosenses de que persoal enquisador debidamente acreditado do Instituto Galego de Estatística visitará entre o 31 de agosto e o 13 de setembro a 9.216 vivendas repartidas por todo o territorio galego (entre as que se atoparán tamén vivendas mosenses) para levar a cabo a “Enquisa estrutural a fogares”.

As vivendas mosenses seleccionadas recibirán unha carta na que se lles informa da visita que recibirán para cubrir o cuestionario estatístico. Ademais, se algún dos fogares seleccionados precisa de máis información sobre a enquisa, pode chamar por teléfono, en horario de 9.00 a 14.00 horas, ao número gratuíto do Instituto Galego de Estatística: 900 102 104.