Excursión e curso para os maiores de Mos

Escrito por Concello de Mos. Posteado en

Map Unavailable

Día

22/02/18 - 31/03/18

Participación Cidadá continúa a volcarse nos maiores e organiza dúas novas actividades: un curso de novas tecnoloxías e unha viaxe ao Ézaro

 

Atópanse abertos os prazos de inscrición en ambas iniciativas

 

A concellería de Participación Cidadá que dirixe a edil Julia Loureiro continúa coa programación lúdica e formativa dirixida aos maiores do Concello de Mos.  Nesta ocasión organiza un curso de axilidade mental a través das novas tecnoloxías e unha excursión ao Ézaro.

 

Na viaxe á Fervenza do Ézaro inclúense visitas ás localidades de Noia, Ribeira e Rianxo. Realizarase  o sábado 17 de marzo e os maiores de 65 anos e/ou pensionistas maiores de 55 interesados en participar xa poden inscribirse. O prazo de inscrición rematará o 6 de marzo e quen queira obter máis información sobre esta iniciativa pode dirixirse ás oficinas da OMIX no Multiusos das Pozas ou chamar ao teléfono 986 33 94 04. O prezo da actividade é de 25 euros por persoa participante.

 

Por outra banda o obradoiro de  “Axilidade mental a través das Tic´s” está incluído dentro do programa de “Escola de avoas e avós” coa finalidade de mellorar as habilidades e capacidade cognitiva dos maiores.  É por elo que as persoas participantes deberán asisitir có seu móbil ou tablet.

 

Este curso  busca previr a dependencia e o deterioro cognitivo en persoas maiores. Os talleres de axilidade mental constan dun programa de actividades e  exercicios mediante a práctica  no manexo das tecnoloxías da información e a comunicación e así contribuír a  garantir o benestar e a calidade de vida das persoas a medida que envellecen. Nesta iniciativa ensinaráselles aos maiores, entre moitas outras tarefas, a pedir unha cita médica por Internet, a forma de estar en contacto con outras persoas mediante  redes sociais, etc. Propiciando que as persoas maiores se sintan membros activos da sociedade.

 

O interesados en realizar este curso deberán facer a súa solicitude no Rexistro Xeral do Concello. Os admitidos serano por rigorosa orde de inscrición. O prazo para inscribirse rematará o vindeiro 22 de febreiro e o obradoiro impartirase os días 26 febreiro, 5, 12, 19 e 26 de marzo en horario de 17.30 a 19.00 horas no Multiusos das Pozas.