Excursión para maiores a Santiago de Compostela

Escrito por Concello de Mos. Posteado en

Map Unavailable

Día

10/11/17 - 28/11/17

Abre o prazo de inscrición na excursión para maiores a Santiago de Compostela

 

A viaxe farase en tren e os participantes visitarán O Parlamento de Galicia e o casco histórico da capital galega

 

A concellería mosense de Participación Cidadá que dirixe a edil Julia Loureiro organiza unha visita guiada ao Parlamento de Galicia e ao casco histórico de Santiago de Compostela para a  poboación da 3ª idade empadroada en Mos. A viaxe, que se realizará en tren, está programada para o martes o 28 de novembro.

 

A saída realizarase dende o edificio Multiusos das Pozas ás 08.00 horas da mañá e o regreso farase ao mesmo punto de partida e está previsto para as 20.00 horas da tarde.

 

Para poder participar nesta excursión  é necesario presentar a solicitude no Rexistro do Concello ou na Omix, do 10 ao 20 novembro. As prazas  son limitadas  e serán adxudicadas por rigorosa orde de entrada da solicitude no Rexistro do Concello.

 

A listaxe de admisión farase pública o 21 novembro a partir das 09.00 horas. O prezo da viaxe é de 30 euros por persoa.